«Historia Social da Guerra da Independencia en Galicia» no «Cartafol»

5 Xaneiro 2010

Críticas,Historia,Monografías,Universitaria,Xerais_nos_medios

Baixo o título «Para comprendermos Galicia», Manuel Rodríguez Alonso publicou en «Cartafol de Libros» de Vieiros unha crítica de Historia Social da Guerra da Independencia en Galicia de Xosé Ramón Barreiro Fernández. Un libro que Rodríguez Alonso considera de lectura imprescindible tanto «para todos os que queiran coñecer o pasado recente de Galicia e debe estar ao dispor de todos escolares galegos en todas as bibliotecas de Galicia» como para « todos aqueles, de Galicia e de fóra de Galicia, que cren que a Guerra da Independencia só foi cousa de Madrid ou das Cortes de Cádiz e para os que pensan que non sabemos gobernarnos sen a titoría de Madrid ou mesmo que non temos unha historia de noso.»

Non hai comentarios

Aínda non hai comentarios.

Feed RSS para comentarios deste artigo.

O formulario do comentario está pechado neste momento.