Marcos Calveiro Premio Lazarillo de literatura xuvenil 2009

4 Decembro 2009

Fóra de Xogo,Noticias,Premios,Xuvenil

Segundo anunciou hoxe a OEPLI, Marcos Calveiro resultou gañador do Premio Lazarillo de literatura xuvenil coa súa novela O pintor do sombreiro de malvas. Segundo relata Calveiro no seu blog a historia acontece na pequena vila francesa de Auvers, na ribeira do río Oise, durante sesenta e nove días do verán do ano de 1890 e está protagonizada polo rapaz do lenzo que acompaña ao pintor do sombreiro de malvas… O pintor do sombreiro de malvas será publicada por Xerais na colección Fóra de Xogo a vindeira primavera. Os nosos parabéns para Marcos Calveiro, quen nestes días remata a corrección das probas de Settecento, a súa segunda novela na colección Xerais Narrativa.

Chuzame! A Facebook A Twitter

6 Comentarios

  1. [...] o anuncio de onte, varios foron os medios que hoxe publican entrevistas con Marcos Calveiro, autor d' O pintor do [...]

    Pingback by Marcos Calveiro entrevistas nos medios | Xerais — 5 Decembro 2009 @ 9:31 p.m.

  2. [...] This post was mentioned on Twitter by Xerais, Xerais. Xerais said: Marcos Calveiro, Lazarillo 2009 http://xerais.blogaliza.org/2009/12/04/marcos-calveiro-premio-lazarillo-de-literatura-xuvenil-2009/ [...]

    Pingback by Tweets that mention Marcos Calveiro Premio Lazarillo de literatura xuvenil 2009 | Xerais -- Topsy.com — 6 Decembro 2009 @ 5:39 p.m.

  3. [...] Oliveira entrevista a Marcos Calveiro en Galicia hoxe con motivo da obtención do Premio Lazarillo de literatura xuvenil 2009 coa novela O pintor do sombreiro de malvas que será publicada na colección Fóra de Xogo a [...]

    Pingback by Marcos Calveiro entrevistado por «Galicia hoxe» | Xerais — 9 Decembro 2009 @ 10:36 a.m.

  4. [...] Premios, Xuvenil O pintor do sombreiro de malvas é o título da novela galardoada co último premio Lazarillo de literatura xuvenil, concedido pola OEPLI; o seu autor, o galego Marcos S. Calveiro. Na súa traxectoria de escritor [...]

    Pingback by «O pintor do sombreiro de malvas» por An An Alfaya | Xerais — 28 Decembro 2009 @ 7:58 p.m.

  5. [...] que publica neste mes de abril: Settecento en Xerais Narrativa e O pintor do sombreiro de malvas, premio Lazarillo de Literatura Xuvenil 2009 en Fóra de Xogo. Os nosos parabéns para ambos os dous. Etiquetas: manuel_rivas, [...]

    Pingback by Manuel Rivas e Marcos Calveiro abren blogs | Xerais — 12 Agosto 2010 @ 11:15 a.m.

  6. [...] comezan a chegar á slibrarías os primeiros exemplares da novela de Marcos Calveiro gañadora do Premio Lazarillo 2009 de literatura xuvenil O pintor do sombreiro de malvas. Un adolescente é enviado pola súa nai dende París a pasar cunha [...]

    Pingback by «O pintor do sombreiro de malvas» de Marcos Calveiro | Xerais — 30 Agosto 2010 @ 12:18 p.m.

Feed RSS dos comentarios deste artigo. TrackBack URL

Sentímoscho, o formulario de comentarios está pechado neste momento.