«Tempo de centeo», crítica de Anxos García Fonte en «lg3»

17 Novembro 2009

Críticas,Narrativa,Xerais_nos_medios

Anxos García Fonte publica en «lg3» unha crítica de Tempo de centeo, a novela máis recente de Xosé Fernández Ferreiro. Segundo a autora do texto «trátase dunha novela intensa onde o autor retoma moitos dos seus temas clásicos: as lembranzas da Guerra Civil e as súas dolorosas cicatrices, a decadencia do mundo rural tradicional, dos oficios ancestrais e a cultura material e simbólica, ou a saudade do paraíso perdido da infancia e o brutal contraste entre a aldea a as cidades; unha novela que é a crónica da primeira parte dunha vida calquera da xeración da posguerra.»

Chuzame! A Facebook A Twitter

«Ás de bolboreta», Premio Fundación Caixa Galicia, primeira presentación

Fóra de Xogo,Noticias,Premios_Xerais,Presentacións,Xuvenil

O vindeiro xoves, 19 de novembro, ás 19:30 horas, nas inatalacións da Biblioteca da Fundación Caixa Galicia (rúa Frei Rosendo Salvado 14-16) de Santiago realizarase a primeira presentación da novela Ás de bolboreta de Rosa Aneiros, premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil 2009. No acto acompañarán á autora o editor Manuel Bragado e o director da Biblioteca Pedro Lucas.

Chuzame! A Facebook A Twitter