Xa á venda os primeiros e-books de Xerais

10 novembro 2009

E-books, Narrativa, Noticias

Os primeiros dous títulos en formato e-book de Xerais xa están á venda. Sete palabras de Suso de Toro e Dime algo sucio de Diego Ameixeiras, dúas das novidades da colección Narrativa que chegan esta semana ás librarías, poden ser descargados neste formato dixital dende o espazo de Xerais en Todoebook. Os títulos preséntanse, polo momento, en formato PDF-Adobe DRM, aínda que nos vindeiros días estarán dispoñibles tamén en E-PUB. A edición e-book de Sete palabras ten un prezo de 13,30 € (5,70 € inferior á edición impresa), mentres que a edición dixital de Dime algo sucio véndese a 11,00 € (4,80 € inferior á impresa). Os e-books de Xerais poden ser adquiridos tamén dende as librarías electrónicas coas que mantén acordo Todoebook (agregador propiedade de Publidisa), como El Corte Inglés, La Casa del libro ou Librería Ghandi, entre outras.

Este lanzamento de dúas novidades literarias en formatos impreso e electrónico simultaneamente constitúe un feito inédito na historia da edición galega e, aínda, moi pouco frecuente na edición internacional. Nos próximos meses, Xerais ampliará o seu catálogo de e-books con novos títulos das coleccións Narrativa, Poesía e Ensaio, tanto de novidades como de títulos de fondo actualmente descatalogados que se ofrecerán ao lectores e lectoras só en formato electrónico. O libro electrónico literario en galego abre a súa verea da man de Xerais.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

6 Comentarios »

  1. [...] víaXa á venda os primeiros e-books de Xerais « Xerais. Publicado en Recollido e anotado | Sin Comentarios [...]

    Aviso (Pingback) por De Toro e Ameixeiras, pioneiros do libro dixital ás Tati Mancebo — 10 novembro 2009 @ 11:54 am

  2. [...] Edicións Xerais vén de poñer á venta os primeiros libros electrónicos do seu catálogo, Sete palabras de Suso de Toro e Dime algo sucio de Diego Ameixeiras. Os libros poden ser descargados dende o espazo de Xerais en Todoebook. Polo momento só poden obterse en formato PDF-Adobe DRM, aínda que nos vindeiros días estarán dispoñibles tamén en E-PUB. Máis información, no blog de Xerais. [...]

    Aviso (Pingback) por ::Axenda cultural AELG:: » Blog Archive » Xerais pon á venta os seus primeiros libros electrónicos — 10 novembro 2009 @ 3:58 pm

  3. [...] demos un pasiño pequeno, que non teño dúbida inicia un camiño longo para o libro galego do futuro. Sen grandilocuencia, [...]

    Aviso (Pingback) por Brétemas » Os primeiros e-books de Xerais — 10 novembro 2009 @ 6:13 pm

  4. [...] This post was mentioned on Twitter by Xerais, javiervarela. javiervarela said: RT @jamilleiro ¡que fantástico, xerais xa vende eBooks! megaparabéns! http://bit.ly/1VR3yv [...]

    Aviso (Pingback) por Tweets that mention Xa á venda os primeiros e-books de Xerais « Xerais -- Topsy.com — 10 novembro 2009 @ 8:20 pm

  5. Social comments and analytics for this post…

    This post was mentioned on Twitter by Xerais: Xa a venda os primeiros e-books de Xerais, http://bit.ly/1VR3yv...

    Rastro (Trackback) por uberVU - social comments — 10 novembro 2009 @ 9:21 pm

  6. Parabéns por esta iniciativa que achega a literatura galega ás tecnoloxías
    actuais!

    Comentario por cris pavón — 12 novembro 2009 @ 11:47 pm

RSS semente para comentarios a esta anotación. TrackBack URL

Deixa un comentario