"Pingueiras e tarteiras" de Teresa González Costa presentación no Grove

9 Xuño 2009

Premios,Presentacións,Teatro

Esta semana chega ás librarías Pingueiras e tarteiras, a peza de Teresa González Costa gañadora do IIIº Premio Manuel María de literatura dramática infantil.

XG00157101No Castelo Grisallo todo é gris: desde o maimiño da raíña Otilia ata a súa cunca de porcelana inglesa. E tamén chove moito. A Súa Maxestade xa está cansa de colocar tarteiras debaixo das pingueiras. Pero un día chegan pola porta os catro membros do Circo do Paraugas: Chapeu Torto, o director-capitán; Culleriña, a funambulista-tripulante; Pelo Teso, o mimo-tripulante e Zapatóns, o pallaso-tripulante. Na sala do Castelo Grisallo, onde todos os días eran iguais, os membros do Circo do Paragugas coas súas brincadeira e xogos rematarán co soberano aburrimento. Pouco a pouco os membros desta compañía de circo -que outrora fora esplendorosa- daranlle cor a tanta monotonía. E farán que a mesma choiva soe a música: a música das pingueiras nas tarteiras.

Pingueiras e tarteiras de Teresa González Costa, a peza gañadora do IIIº Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil, foi definida no ditame do xurado como unha “apoloxía da ledicia e da fantasía que ofrece unha visión atípica e desmitificadora de personaxes arquetípicos”. Unha obra que recorre a xogos de palabras para contar como a chegada dunha compañía de circo cambia a vida gris dun castelo. Esta primeira edición de Xerais e AGADIC foi ilustrada por Rodrigo Chao.

Pingueiras e tarteiras, así como Sempre quixen bailar un tango, tamén da autora, gañadora do Premio Álvaro Cunqueiro de literatura dramática 2008, presentarase o vindeiro sábado, 13 de xuño, ás 19,30 na Festa das Letras e do libro, que se celebrará na Praza de Arriba do concello do Grove e na que  a concellaría de Cultura do Grove  homenaxeará á autora.

2 Comentarios

  1. No sé si te felicité por tus éxitos el día que nos conocimos en La Festa de las Letras, si me pasó, ¡felicidades! Ha sido un honor conocerte

    Comment by conchita ximenez escudero — 19 Xuño 2009 @ 8:05 p.m.

  2. Estou moi ledo polos teus éxitos literarios. Merquei en Couceiro hai un par de anos Alén das Brumas e pareceume moi bo libro. Ademais Eloísa é un personaxe moi ben construído. Sabía que ao final o teu talento e intelixencia tiñan que ser recoñecidos. Non puiden estar na festa das letras, pero teríame gustado saudarte despois de tanto tempo.
    Editar en xerais é o que calquera autor ou autora lle presta. Teño ganas de ler esta

    Comment by carlos — 26 Xuño 2009 @ 7:34 p.m.

Feed RSS dos comentarios deste artigo.

Sentímoscho, o formulario de comentarios está pechado neste momento.