"Incertos"

18 Maio 2009

Narrativa,Opinións_lectores/as,Xerais_nos_medios

XG00145801Rubén Ruibal publica no seu blog unha anotación sobre Incertos, o libro de relatos de Antón Dobao. Unha memorable recomendación literaria.

"Unha conversa con Ramón Piñeiro"

Crónica,Descargas

Unha conversa con Ramón Piñeiro de Suso de Toro é o primeiro libro, que con motivo da efeméride do 17 de maio de 2009,  Xerais publica en soporte exclusivamente dixital (30 páxinas).

Pode baixarse gratuitamente en soporte pdf dende aquí.

"Do orixinal ao libro"

Críticas,Monografías,Xerais_nos_medios

Miguel Anxo Fernán Vello publica en Galicia hoxe unha reseña moi entusiasta sobre Do orixinal ao libro, o manual de edición técnica de Juan Blanco Valdés. O editor de Espiral Maior salienta que esta obra constitúe “un agasallo extraordinario” para todas as persoas vencelladas co mundo do libro en Galicia. Remata  o seu comentario conas seguintes palabras:

XG00164101Eu concibo a obra de Juan Luis Blanco Valdés, editor na Universidade de Santiago, como un produto destinado aos lectores, aos amantes do libro e da lectura en xeral. Coñecermos a estrutura física do libro, os tipos de cubertas e de lombos que existen, os elementos compoñentes da páxina, as series ou variedades tipográficas ou sabermos de que vai iso dos interliñados, interletrados ou dos espazados axuda, madia leva, a valorar a beleza dos libros en toda a súa extensión, a explorar máis fondamente as súas entrañas formais e a recoñecer mellor todo o universo que conforma esa marabilla aberta ao coñecemento e á emoción que son os libros.