Jaureguizar entrevistado no «Xornal de Galicia»

30 Decembro 2008

Entrevistas,Narrativa,Xerais_nos_medios

20081207181318_jaureguizarIago Martínez entrevista no Xornal de Galicia a Jaureguizar con motivo da publicación d’ O Globo de Shakespeare, Premio Terra de Melide 2008. Recollemos un fragmento da conversa:

É unha novela moi popular, talvez a máis popular de Jaureguizar.
A min gustaríame que o fose. Dende logo, ten unha vocación moi popular e unhas paixóns moi fortes que van na busca do público. Ao que parece, debo ser o único escritor galego que quere vender libros. Pois si, eu quero vender libros.

[...]

Como Michael Haneke en Funny Games, Jaureguizar cuestiona ao lector nesta novela. A cita inicial de Shakespeare é abondo elocuente: “Se queren espectáculo e sangue, han telo”.
Si, é un final moi shakesperiano, moi desproporcionado, moi esaxerado, buscando o espectáculo, que é o que busca todo dios. Como nos despistemos, os libros desaparecen. Como sigamos coa poesía florida, estamos perdidos. Temos que dar un paso adiante e deixar en paz a memoria histórica.

Chuzame! A Facebook A Twitter

«A clase», de François Bégaudeau, primeira novidade de Xerais Narrativa 2009

29 Decembro 2008

Cine,Narrativa,Noticias,Traducións

A clase, a exitosa novela de François Begaudeau, traducida para o galego por Xavier Senín e Isabel Soto, será a primeira novidade de Xerais Narrativa para 2009. A clase aparecerá nas librarías, na segunda semana de xaneiro coincidindo coa estrea en España, o 16 de xaneiro, da película homónima de Laurent Cantet, premiada coa Palma de Ouro de Cannes 2008 e candidata francesa aos Oscar.

xg00156301«Eu falaba para unha clase silenciosa e distraída, Gibran e Arthur dedicábanse a unha análise comparativa das súas calculadoras e rebentaban co riso por non sei que, Michael asentía movendo a cabeza aínda que pensaba noutra cousa e, mentres, os muros daban en inclinarse perigosamente e terminarían por caernos a todos enriba.»

Cunha escrita descontinua que vai captando diferentes escenas e conflitos co alumnado e cos seus colegas, case coma se fose unha cámara, François Bégaudeau constrúe en A clase unha crónica do seu labor como profesor, engadindo mesmo as súas propias dúbidas e poñendo de manifesto as dificultades que xorden nas aulas, nos claustros, entre os adolescentes e tamén entre os adultos. Este é o impactante relato da vida nunha clase multicultural da bisbarra parisina, con todas as tensións entre profesores e alumnos, que en certa maneira traducen o conflito entre ricos e pobres, entre aqueles que posúen o saber e aqueles que non o teñen. Unha adaptación desta novela foi levada ao cine por Laurent Cantet, e a película homónima obtivo a Palma de Ouro do Festival de Cannes 2008.

6a00d8341caba253ef00e5527d10118833-500wiFrançois Bégaudeau (Luçon 1971) é profesor, xornalista deportivo, escritor, cantante e actor. Colaborador habitual de varias revistas culturais: Inculte, Cahiers du cinéma, Transfuge e cronista de La matinale de Canal +. Iniciou a súa carreira como narrador en 2003 coa publicación da novela Jouer juste. Posteriormente publicou a novela Dans la diagonale (2005) e a ficción biográfica Un démocrate, Mick Jagger 1960-1969. Xa en 2006 publicou Entre les murs (A clase, Xerais 2008), a súa terceira novela, que recibiu o Prix France Culture/Telerama e o recoñecemento apoteósico do público francés. En 2007 publicou a súa cuarta novela Fin de l’ histoire e en 2008 o ensaio Antimanuel de litterature e a peza teatral Le problème. En 2008 Entre les murs foi adaptada ao cinema por Laurent Cantet, película na que o propio Bégaudeau participou como coguionista e intérprete do papel do profesor protagonista e que, ademais, mereceu a Palma de Ouro do Festival de Cannes do mesmo ano.

[youtube=http://www.youtube.com/watch?v=LsmH01O8aaY]

Chuzame! A Facebook A Twitter

«O Globo de Shakespeare» en «Culturas»

Críticas,Narrativa,Premios,Xerais_nos_medios

jaure-la-voz-20-12-2008Ramón Nicolás publicou o día 20 de decembro no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia unha crítica sobre O Globo de Shakespeare, a máis recente novela de Jaureguizar, gañadora do Premio Terra de Melide 2008.

Chuzame! A Facebook A Twitter

«Xenaro e o misterio da mochila verde» en «Culturas»

Críticas,Infantil,Merlín,Premios_Xerais,Xerais_nos_medios

mar-guerra-la-voz-13-12-20081Ramón Nicolás publicou o pasado 13 de decembro no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia unha crítica sobre Xenaro e o misterio da mochila verde, a novela de Mar Guerra, gañadora do Premio Merlín de literatura infantil 2008.

Chuzame! A Facebook A Twitter

«Mil cretinos» de Monzó en «Culturas»

Críticas,Narrativa,Traducións,Xerais_nos_medios

monzo-la-voz-6-12-2008Ramón Nicolás publicou o 6 de decembro no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia esta crítica de Mil cretinos, o libro de relatos de Quim Monzó traducido por Helena González.

Chuzame! A Facebook A Twitter

«Lía e as zapatillas de deporte»

27 Decembro 2008

Infantil,Merlín,Presentacións,Vídeos

[youtube=http://www.youtube.com/watch?v=e5-0pnNiL8k] María Reimóndez presentou en Espazo Lectura Lía e as zapatillas de deportes.

Chuzame! A Facebook A Twitter

«Un país a medio facer», crítica de Arturo Casas

25 Decembro 2008

Críticas,Crónica,Xerais_nos_medios

Arturo Casas publica no seu blog un interesante comentario sobre Un país a medio facer o máis recente libro de Fran Alonso. Recollemos un dos fragmentos do texto:

xg00161601Xulgo moi acertada esta lectura que Fran Alonso ofrece dos cambios habidos na vida cultural entre dous momentos profesionais seus separados por vinte anos no recentísimo Un país por facer (Xerais, 2008). O xornalista que segue a selo olla o pasado, cando entrevistaba para medios como Diario 16 de Galicia, e rotula “Nun país a medio facer” para trazar o retrato dun tempo ido en dezaoito perfís. Vénse logo ao presente e o titular varía a «O país que parece normal», con catro entrevistas/panoramas/semblanzas máis. Da indeterminación (un) á determinación (o). Excelente a escolla, o matiz que nela vai, a capa do libro, a idea motora, as vintedúas instantáneas que enfocaron o labor e as ideas de escritores, editores, xestores culturais, músicos e xente de teatro e televisión. Áxil e variado o oficio seu como entrevistador, deixando falar e mantendo un rumbo. Outras veces, escoitando aquí e alá para despois constituír un discurso de discursos.

Chuzame! A Facebook A Twitter

«Mal de escola», crítica no «Faro da Cultura»

24 Decembro 2008

Críticas,Narrativa,Traducións,Xerais_nos_medios

Heitor Mera publica unha crítica no Faro da Cultura sobre Mal de escola, o libro de Daniel Pennac traducido para o galego por Xavier Senín e Isabel Soto.maldescolafaro

Chuzame! A Facebook A Twitter

Premios Xerais 2009

23 Decembro 2008

Noticias,Premios_Xerais

basesnovelaXa se poden descargar as bases dos Premios Xerais de Novela 2009 (25.000 euros),  Merlín de Literatura Infantil 2009 (10.000 euros) e  Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil 2009 (10.000 euros). Para participar en calquera dos tres concursos, cómpre presentar de cada orixinal seis copias en papel, mecanografadas a dobre espazo, antes do día 13 abril de 2009 nos locais sociais de Edicións Xerais de Galicia, S.A., rúa Doutor Marañón, 12. 36211 Vigo. Os fallos dos premios daranse a coñecer na Cea Xerais que se celebrará o 6 de xuño de 2009.

Chuzame! A Facebook A Twitter

«O libro das viaxes imaxinarias», crítica en «lg3»

Críticas,Fóra_de_colección,Narrativa,Xerais_nos_medios

Isabel Soto publica no espazo de crítica de «lg3» un interesantísimo traballo sobre O libro das viaxes imaxinarias de Xabier P. DoCampo e Xosé Cobas. Esta obra foi gañadora do Premio Isaac Díaz Pardo 2008 ao mellor libro ilustrado do ano. Recollemos algúns parágrafos do texto de Isabel Soto:

librodasvFronte á gran cantidade de títulos que se publican, hai libros –poucos– que invitan ao paseo demorado polas súas páxinas, a se recrear nas palabras e nas imaxes que nos achegan, a recorrer a eles moitas veces na procura dun respiro no camiño. Este é sen dúbida o caso do Libro das viaxes imaxinarias que nos propoñen Xavier P. Docampo e Xosé Cobas, un volume especial que salta á vista pola súa coidada edición e a fermosura de cada unha das páxinas, algunhas das cales nos convidan a desencartalas e a estender perante a nosa ollada o traballo extraordinariamente rico e en absoluto redundante do ilustrador, máis coautor ca nunca neste caso, pois ben se percibe que o libro xurdiu tras dun reflexivo proceso de intercambio de pareceres entre ambos os creadores.

[...]

O lector mergúllase así, canda o Viaxeiro, nunha viaxe por trinta lugares imaxinarios, na que o acompañamos nesa esculca dos espazos que percorre, reinos, cidades, camiños, vales e montañas, aceptando o seu convite a nos arredar por veces do itinerario dereito. Canda el tamén descubrimos a través dos seus ollos marabillas poeticamente descritas, detalles arquitectónicos ou paisaxísticos que absorben a súa atención e o retrato dos habitantes que poboan eses enclaves, os seus costumes, tristuras, miserias, preocupacións e alegrías, xentes coas que o Viaxeiro, e tamén nós, imos establecendo relación e polas que imos sendo acollidos.

[...]

Alén da viaxe, o volume constitúe un acto de amor polo libro, a palabra, a imaxe e a lectura. Un libro destas características semella reclamar de nós unha lectura pausada, calma, sen présas e mesmo funciona mellor, ao meu ver, non dende o convencional respecto á sucesión dos distintos capítulos, senón case abríndoo ao chou para deixarse levar polo azar, pola intensa emoción que xorde, como unha súpeta epifanía, ao contemplar con gozo a beleza, ao saborear palabras que gañan na lectura en voz alta e ao nos recrear nas súas suxestivas imaxes. Aí reside tamén o seu carácter de libro especial ou libro obxecto, que non deixará de ter vixencia por máis que pase o tempo, e ficará nos andeis, sempre accesible para cando o precisemos e desexemos gozar da súa beleza literaria e plástica.


Chuzame! A Facebook A Twitter

«A represión lingüística en Galiza no século XX»

Críticas,Ensaio,Historia,Lingua,Xerais_nos_medios

Manuel Rodríguez Alonso publica no Cartafol de Libros unha crítica sobre o libro de María Pilar Freitas A represión lingüística en Galiza no século XX. Recollemos o derradeiro parágrafo do texto:

xg00137501Libro que debe figurar na biblioteca de lingüística de todos os centros e profesores. Mágoa é que estas obras non teñan resonancia nas facultades de filoloxía do resto do Estado, especialmente nos núcleos do pensamento españolista puro e duro. Cando algúns vociferan por aí que nunca houbo leis e decretos que perseguisen o galego, cómpre que lean libros coma este. Tamén debe ser lectura obrigada para os de Galicia bilingüe e mesmo os políticos que queren derrogar as cativas medidas protectoras do galego e que non son quen de pedir que o coñecemento do galego sexa un deber e non só un dereito, como por certo pide o novo Estatuto de Autonomía de Cataluña, aínda que por iso (e outras cousas) estea recorrido perante o Constitucional… Por certo, parabéns para a portada deste libro.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Conexión Tubinga blog

22 Decembro 2008

Narrativa,Noticias

cropped-fotoblog4Alberto Canal, autor de Conexión Tubinga ten aberto un blog arredor da novela.

Chuzame! A Facebook A Twitter

«O xardín das pedras flotantes», crítica de X.M. Eyré

Críticas,Narrativa,Premios_Xerais,Xerais_nos_medios

X. M. Eyré publica no seu blog o texto completo da crítica que remitiu A Nosa Terra d’ O xardín das pedras flotantes, a novela de Manuel Lourenzo González, gañadora do premio Xerais 2008. Recollemos algúns fragmentos:

xg001393011O xardín das pedras flotantes responde á fórmula do best seller á moda. Mestura, habilmente, aspectos relacionados coa historia, coa psicoloxía, co filosofía ou metafísica, nunha trama con aspiración de totalidade, que quere mergullar ao lector para que o acompañe no proceso reflexivo ou simplemente para inducirlle ese efecto. E niso, na propositada atención á devandita fórmula, áchanse tanto as súas virtudes como as súas fraquezas, que tamén as ten. Mais non quero continuar sen deixar de sinalar o obvio, o valor que para a cultura galega representa contar con discurso destas características, un discurso que está destinado a ser lido por milleiros e milleiros de galegos de hoxe e de mañá, e dicímolo a sabendas de que é a puxanza económica determinará en boa parte a súa sorte como best-seller.

Historia de amor moi ao estilo das de Tristán e Isolda ou Romeo e Xulieta. Historia de dous namorados, que son dous adolescentes, aos cales as súas familias (por diferentes motivos) lles prohiben verse. Contada desde a óptica de Simón, primeiro, e desde a de Anabel despois, para pechar o discurso un epílogo. Nela mestúranse a reflexión e indución á reflexión sobre conceptos chave: o destino e a o libe albedrío ( ata que punto somos capaces de decidir a nosa propia historia); o soño como vida e a vida como soño, a realidade como fantasía e a fantasía como realidade, e non se lles escape a implicatura simbolóxica do misterioso libro que está detrás de todo. Un libro e a maxia que pouco a pouco vai permeando na historia; presente desde o mesmo arrinque, non deixamos de tela presente no curso dunha trama que xoga a actualizala cada vez con máis intensidade á vez que reclama a nosa atención cara á faciana realista (digámolo así) do seu desenvolvemento.

Alén da capacidade para trabar unha trama complexa que pegue o libro ás mans do lector, igual que nos abren os ollos os equilibrios do funambulista. Alén de que a novela esta escrita con elegancia, nunha lingua versátil, dúctil e próxima. Quero salientar a habilidade das transicións entre os diversos climas que no discurso alterna ( dramático, realista, esotérico, filosófico, humorístico ) un narrador que, case como un mago, desde a sensibilidade é quen de atravesar a calquera instancia que precise sen que o lector, falamos sempre dentro das marxes que concede o best-seller, se preocupe pola verosemellanza pois as diferentes ramificacións temáticas vano manter ben ocupado e a transcendencia final do texto, unida á empatía proporcionada polo longo percorrido da ma das dúas personaxes centrais (sendo, a de Anabel fondamente atraente e carismática), evitará que a consideración definitiva non sexa positiva. Mesmo moi positiva, tendo en conta o que comunmente ofrecen os best-sellers.

Remataremos dicindo que, se ben a parentela de O xardín das pedras flotantes coa historia de Shakespeare, é moi clara e evidente, porén aínda lles aseguramos outro aínda máis interesante: pescudar ata que punto o inferno dantesco estivo presente

Chuzame! A Facebook A Twitter

«Mil cretinos» ou o home que miraba pola fiestra

Críticas,Narrativa,Traducións,Xerais_nos_medios

Rafael Fernández Lorenzo publica no Cartafol de libros unha crítica sobre Mil cretinos, o libro de Quim Monzó traducido por Helena González.

xg00152301Monzó é escritor, tradutor e periodista, pero na súa ampla obra destacan sobre todo os contos e os relatos breves. Pasaron xa algúns anos dende que publicou o seu anterior libro titulado Splassshf, unha recompilación da súa extensa traxectoria narrativa. Reaparece agora coa obra Mil cretinos, acadando de saída o Premio de Narrativa Maria Ángels Anglada.
En Mil cretinos, Quim Monzó mira pola fiestra os balcóns e as tarandeiras da vida que abanean prendidas polas rúas de Barcelona, páxinas prendidas de estraños signos que non queren dicir nada máis alá do normal, do frecuente e habitual. As fiestras son os pulmóns e os ollos das casas, por elas respiramos e miramos, ata algunhas veces saltamos.
A escrita de Monzó en vez de axustar e encaixar convencionalmente a estructura da obra para que estea lista, preparada e finiquitada, bate nos metódicos mecanismos invertindo o proceso creativo, como un reloxo no que as agullas xiran ao revés, pero que rematan sempre con idéntico contido no mesmo final.
Nos relatos A chegada da primavera e O señor Beneset Monzó aborda con ironía e con certa retranca a lóxica dexenerativa das persoas, xogando coa inversión dos roles, de como os fillos pasan de ser os coidados para converterse en “coidadores”. Hai na súa escrita algo surrealista e paranoico, un xeriátrico imaxinario que se sacude as verbas e procura a saída dun labirinto que non ten entrada.
Pero é no relato titulado O corte onde este magnífico traballo acada, ao meu parecer con mestría unha perfecta simbiose entre o absurdo e o real.
A obra do finado Monterroso ten certa semellanza á de Monzó, de non ser pola ovella negra que demente pace polas grandes obras de Miró e de Picasso.
Qim Monzó, constrúe pequenos castellers que se erguen con palabras lixeiras nun mecánico proceso de ironía e acada aos poucos, cun espelido anxaneta os cumios dos relatos saudando sutilmente e con sarcasmo á multitude. Mil cretinos é unha fiestra pola que mirar o cotián, o insólito e excepcional da nosa existencia.

Chuzame! A Facebook A Twitter

«A Cabeza de Medusa», crítica no «Cartafol»

Críticas,Fóra de Xogo,Premios_Xerais,Xerais_nos_medios,Xuvenil

Manuel Rodríguez Alonso publica unha crítica no Cartafol de libros da novela de Marilar Aleixandre A Cabeza de Medusa, gañadora do premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil.

xg00140901A historia da violación das dúas rapazas aparece, como xa dixemos, desenvolvida ao xeito dunha reportaxe e ata con certo didactismo e ensinanza moral que desbota tópicos machistas, que seguen a estar presentes nun tema tan doloroso como é sempre unha violación. Neste sentido a autora deu no albo. Mesmo parece oportuno e non resulta postizo o didactismo. Son un acerto as citas que preceden cada capítulo e que inscriben a violación dentro dunha tradición cultural machista e cruel, sen excluír o noso impresentable Pondal, neste aspecto, por moi autor que fose do himno galego e fundador da escola formalista e non sei cantas cousas máis.

O bo ton da novela mantense en partes, como é o caso da violación en si mesma ou o abandono das rapazas de noite en descampado. Así mesmo no referente á denuncia, rumores machistas, volta á clase despois da violación ou ás presións que os pais do violador exercen sobre Sofía e os seus pais para que retiren a denuncia. A reportaxe e mesmo o didactismo encaixan perfectamente dentro da trama. Son apropiadas tamén as dúbidas que ten Lupe e que a fan retirar a denuncia.

Chuzame! A Facebook A Twitter

«Dicionario Enciclopedia do Pensamento Galego»

21 Decembro 2008

Dicionarios,Ensaio,Xerais_nos_medios

xg001439011Daniel Salgado publica nas páxinas de El País Galicia unha extensa reportaxe sobre o Dicionario Enciclopedia do Pensamento Galego, obra coordinada por Andrés Torres Queiruga e Manuel Rivas Garcñia, coeditada polo Consello da Cultura Galega e Xerais.

Chuzame! A Facebook A Twitter

«A chispa de Xenaro», crítica en «lg3»

Críticas,Infantil,Merlín,Premios_Xerais,Xerais_nos_medios

Isabel Soto publica no espazo de crítica de lg3 un traballo sobre Xenaro e o misterio da mochila verde, a novela de Mar Guerra gañadora do premio Merlín 2008. Entrecollemos algúns parágrafo dun texto titulado «A chispa de Xenaro»:

xg001419013Un dos principais acertos do relato é precisamente o deseño do personaxe que lle dá nome, pois tanto a súa voz en primeira persoa coma o ton que emprega e a súa maneira de interpretar o mundo espertan o sorriso.

En conxunto, Xenaro e o misterio da mochila verde recrea, con humor e desenfado, un universo cotián e doadamente recoñecible para os lectores e lectoras ao que vai destinado –escola, aula, relacións entre compañeiros, grupo de amigos, contexto familiar, afeccións persoais…–, mais non por iso exento de acontecementos que levan a descubertas inesperadas. A implicación dos lectores e lectoras que se acheguen a estas páxinas procúrase con constantes apelacións que, a miúdo, buscan a súa complicidade, con capítulos de curta extensión e cunha galería de personaxes que combinan trazos tópicos e outros xa non tanto, sempre dende a ollada amable do cronista da aventura, que ben podería repetir noutra entrega.

Chuzame! A Facebook A Twitter

María do Cebreiro no «Diario Cultural»

Entrevistas,Poesía,Xerais_nos_medios

cebreiro-320x200O pasado xoves, 18 de decembro, María do Cebreiro foi entrevistada no Diario Cultural con motivo da aparición do seu poemario Non son de aquí.

Chuzame! A Facebook A Twitter

«Festina lente», finalista do premio Novela Europea

Narrativa,Noticias,Premios

cp28f03344911_204999Festina lente de Marcos Calveiro forma parte das cinco obras declaradas finalistas do VII Premio de Novela Europea que outorga o Casino de Santiago.

Os cinco narradores elixidos como finalistas, ademais de Calveiro, son  o madrileño Montero González (Pólvora negra), o británico Martin Amis (A casa dos encontros), o italiano Sandro Veronesi (Caos calmo) e o grego Petros Markaris (O accionista maioritario). Este premio, que xa se lles concedeu a autoras como Sarah Waters ou Ana Gavalda, ten como obxectivo promover a lectura e o espírito europeísta, «convertendo toda a cidade de Santiago en xurado», pois escollen o gañador ou gañadora persoas residentes na cidade, socios do casino e representantes de sectores sociais.

Entre as novelas elixidas para optar a este VII Premio Novela Europea, que se decidirá o ano próximo, está a obra Festina Lente, do galego Marcos Calveiro, unha novela histórica que recrea a cidade de Santiago dos séculos XVI e XVII. Segundo explicou o xurado, esta novela foi elixida como finalista pola«boa documentación» que «presenta moi ben a situación do Santiago desa época», a Galicia urbana, o contacto con Europa a través dos portos e a oposición ás ideas de modernización por parte de certos poderes sociais.

As cinco novelas finalistas serán promocionadas por todas as librarías de Santiago co obxectivo de promover a lectura entre compostelanos.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Xosé Ramón Pena, entrevistado por «A Nosa Terra»

Entrevistas,Narrativa,Xerais_nos_medios

Xosé Ramón Pena, autor d’ A batalla do paraíso triste, é entrevistado polo semanario A Nosa Terra. Recollemos varios fragmentos do texto:

xg001597011A batalla do paraíso triste, alén da contenda, ten que ver tamén coa «batalla» interior de cada personaxe?

Por unha banda, o de «paraíso triste» dio Antoine de Saint Exupèry de Lisboa (el viviu, con todo, moi pouquiño tempo alí). Pero si, eu puxéralle o título de «batalla» cunha dupla intención: por unha parte hai unha batalla entre as diferentes forzas que participan, pero tamén nos propios personaxes, nas súas contradicións: amor e desamor, traizón e lealdade…

E afonda na psicoloxía dos fascistas en relación con este condicionamento…

Se te fixas na xente da portada, en 1945 (de Horácio Novaes), teñen unha actitude triunfal, senten que acaban de gañar a guerra. Non sabían o que lles quedaba… O personaxe do maior Pimenta e seu fillo, nese senso, son os máis contraditorios. Falei con moita xente en Portugal que se comporta como Pimenta, ou como o fillo, que tenta xustificalo: “era o tempo de Salazar, non podías facer outra cousa…” Dende a nosa posición actual é doado xulgar como se comportaría a xente no contexto dunha ditadura, até onde podes vivir sen traizoarte a ti mesmo. Non se lle pode esixir a todo o mundo que sexa un heroe da resistencia. A cuestión é que Pimenta permítennos ver a verdadeira dimensión do fascismo, ou parafascismo, neste caso. Un fascista activo sería un personaxe dunha peza, pero Pimenta ten actitudes máis moderadas, que teñen que ver co franquismo sociolóxico. Sempre é así, os fascistas activos poden ser tres ou catro, pero por detrás hai millóns de persoas manténdoo.

Chuzame! A Facebook A Twitter

«Xenaro e o misterio da mochila verde», crítica no «Cartafol»

Críticas,Infantil,Merlín,Premios_Xerais,Xerais_nos_medios

xg001419012Xenaro e o misterio da mochila verde, a novela de Mar Guerra gañadora do Premio Merlín 2008, continúa recibindo magníficas críticas. Desta volta é o profesor Manuel Rodríguez Alonso quen no Cartafol de Libros publica un texto no que, entre outras consideracións, salienta: « O Premio Merlín de 2008 apostou por unha novela de aventuras infantil que desenvolve temas propios deste tipo de narrativa cun desenlace sorprendente, pois o suspense é un elemento fundamental deste relato. O lector novo sentirase atraído desde o primeiro momento pola figura do misterioso rapaz da mochila verde para atoparse no remate cun desenlace sorprendente, pero moi acaído nos tempos que corren».

Chuzame! A Facebook A Twitter

«O Globo de Shakespeare», primeiras críticas

Críticas,Narrativa,Premios,Xerais_nos_medios

xg00153001Esta semana apareceron as primeiras críticas sobre O Globo de Shakespeare, a novela de Jaureguizar gañadora do Premio Terra de Melide 2008.

Pedro Rielo, no seu artigo en Galicia hoxe, define a novela como «unha proposta atrevida, ben escrita, para todos os públicos e non alambicada. O escritor é un director de orquestra ou un meigo que vai sacando da chisteira coellos, cartas sorpresa a través de retallos dun espectáculo de papel». Para continuar engadindo:  «O aburrimento está desbotado e viaxamos cos protagonistas desde a costa lucense ata Londres para dar xeito a unha novela na que o seu argumento, as súas chiscadelas non deben ser reveladas porque estragarían un conxunto que é unha bomba de reloxería. Paga a pena non ter complexos, calquera situación é posible tanto aquí como en Burkina Faso. Non aforra nin un só cartucho.»

Ramón Nicolás, no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia, escribe que O Globo de Shakespeare é «unha novela sólida e efectiva, dosificada con acerto e gobernada, por un lado, a través da presenza do universo literario, mais tamén persoal, de William Shakespeare, e, por outro, sometida a realidade reflectida a unha vontade transgresora, pero que expón con ironía, por veces con abraiante e cru realismo, os grandes problemas da humamidade».

Chuzame! A Facebook A Twitter

Xerais obtén dous dos premios da Noite da Edición 2008

20 Decembro 2008

Noticias,Premios

gp35f03350191_205293O libro das viaxes imaxinarias de Xabier P. DoCampo e Xosé Cobas, foi gañador do Premio Isaac Díaz Pardo ao mellor libro ilustrado do ano e PAlAbrAs brAncAs de Elvira Ribeiro e e Fino Lorenzo o do Premio Xosé Neira Vilas ao mellor libro infantil de 2008. No acto de entrega, celebrado o venres 19 de decembro, nas instalacións do Verbum de Vigo, tamén foron premiados Agustín Fernández Paz co Premio Xosé María Álvarez Blázquez ao mellor autor do ano e as editorais Galaxia por Fin de Século en Palestina e Faktoría K  pola tradución de Lolita de Nabokob.

Chuzame! A Facebook A Twitter

«Conexión Tubinga», presentación en Ourense

17 Decembro 2008

Narrativa,Noticias,Presentacións

Mañá, xoves, 18 de decembro, ás 20:00 horas na libraría Torga de Ourense presentarase Conexión Tubinga, a novela de Alberto Canal, finalista do premio Xerais 2008. No acto acompañará ao autor Fran Alonso.

xg00159601O padre Amador prohibiu a lectura do libro Existe Deus, de Hans Küng, no Seminario Divino Mestre de Ourense, unha obra na que se intenta demostrar racionalmente a existencia de Deus. Cales son os motivos desa prohibición? Tito Besteiro, un seminarista aspirante a sacerdote e admirador de Nietzsche, intenta desentrañar os motivos da prohibición, percorrendo un intrigante camiño que o levará á cidade alemá de Tubinga, onde perdura a historia do tradicional enfrontamento entre a Igrexa tradicionalista de Ratzinger e a vangardista de Küng. O castigo que sofre polo seu atrevemento ábreo á aventura do amor e axúdalle a superar a misoxinia que lle inculcaron, pero, ao tempo, pono en situación de ter que decidir sobre o seu futuro. Conexión Tubinga, a primeira novela que publica Alberto Canal, é unha intriga teolóxica que encerra a historia dun rapaz que trata de buscar a súa identidade e o sentido da vida nun ambiente de represión emocional e sexual. Esta novela foi a Finalista da XXV edición do Premio Xerais.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Fran Alonso: entrevista en Vieiros

16 Decembro 2008

Crónica,Entrevistas,Xerais_nos_medios

Con motivo da recente publicación do seu libro Un país a medio facer, onde analiza a evolución da cultura galega no últimos vinte anos, Vieiros realízalle unha interesante entrevista a Fran Alonso, da cal destacamos o seguinte fragmento:

un-pais-a-medio-facerGañáronse moitas cousas nestes vinte anos. Perdeuse algo? Algo da rebeldía que se percibe nas entrevistas a Suso de Toro, Rivas ou Xelís de Toro?
Somos quizais un pouco máis politicamente correctos, vivimos nese tempo. Perdemos, quizais, esa capacidade para agredir. Pero eu creo que o máis importante que se perdeu foi a capacidade de crear un estado de conciencia en defensa da lingua galega, daquela, cando a sociedade estaba máis aberta a iso. Non é que non o estea agora, pero agora hai certos sectores moi agresivos en contra do galego. Son minoritarios e a sociedade non se identifica con eles, pero teñen nos medios un grande altofalante. Os medios de comunicación galegos viven de costas á realidade do país. E o tema da lingua, ademais, é axitado politicamente porque é rendíbel.

Cal é o camiño para fortalecer a lingua galega?
O máis importante sería que houbese unha capacidade de liderado en defensa da lingua. E tamén eliminar esa idea de que a cultura galega é unha cultura subvencionada. Moito máis cando vemos sectores, como a automoción e a banca, que proporcionalmente reciben moitas máis axudas públicas cá cultura. Temos que acabar con esa visión e demostrar con calidade que a nosa cultura chega lonxe. Cómpre neutralizar o discurso de Galicia Bilingüe, e ese debería ser un cometido fundamental dos medios de comunicación públicos. Deberían explicar cal é a situación real da lingua, quen está realmente discriminado. Porque son un medio público e porque usan o soporte da lingua.

Chuzame! A Facebook A Twitter

«O natural é político», presentación en Compostela

15 Decembro 2008

Ensaio,Noticias,Presentacións

Mañá, martes, 16 de deembro, ás 20:00 horas na Libraría Pedreira de Santiago, presentarase O natural é político, o máis recente ensaio de Teresa Moure. No acto acompañarán á autora Xosé Manuel Beiras e Manuel Bragado.

xg001532011Un dos tópicos máis arraigados recoñece Galiza como unha paisaxe: un país verde, de dondas montañas e mil ríos, onde a poboación vive da casa labrega ou do oficio mariñeiro, apegada ao territorio e ao seu. Hai varias décadas que ese modelo deixou de existir para ser aceleradamente substituído polo único vixente coa globalización neoliberal. O natural é político, o novo ensaio de Teresa Moure, non é un texto especializado. Un determinado modelo de desenvolvemento económico e os problemas globais do planeta (quecemento, cambio climático, contaminación) desatan unhas páxinas en que alterna o ensaio literario coas narracións, para provocar unha revolta contra o medioambientalismo eslamiado e o consumismo masivo. Velaquí un berro doente a prol da liberación animal, da desobediencia civil que practica segas de cultivos transxénicos, da toma de conciencia; de estarmos, en fin, a vivir un momento crucial na historia da humanidade. A pesar de a literatura ecolóxica ter sona de pesimista, o texto participa do entusiasmo liberador, do compromiso e a militancia, e propón o ecoloxismo como unha estratexia de liberación nacional, un modelo de existencia atento non só aos intereses económicos, senón tamén á conservación da vida, que poña os coñecementos técnicos e científicos ao servizo dos ecosistemas e desenvolva técnicas menos agresivas na liña dun movemento que xa se coñece como ecoloxía profunda.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Xosé Ramón Pena entrevistado por «La Voz de Galicia»

13 Decembro 2008

Entrevistas,Narrativa,Xerais_nos_medios

g12p50f2La Voz de Galicia entrevista a Xosé Ramón Pena con motivo da aparición d’ A batalla do paraíso triste, a súa máis recente novela.

Chuzame! A Facebook A Twitter

«En salvaxe compaña» reeditada

12 Decembro 2008

Narrativa,Noticias,Reedicións

Apareceu nas librarías a reedición actualizada e revisada de En salvaxe compaña, a primeira novela longa de Manuel Rivas.

CUB. NarrativaOs círculos agochados da realidade emerxen como espirais de fume, en inesquecibles imaxes poéticas, pero tamén en forma de refachos de vento e chuvia, de tormentas que desvelan perturbadores segredos e vidas conmovedoras.

A señora do pazo, Misia, relata como os trescentos corvos que debuxan a paisaxe do ceo son os poetas-guerreiros do último rei de Galicia. Un sacerdote, Don Xil, explícalle a unha moza campesiña, Rosa, que as pinturas das fermosísimas mulleres que se descobren nas paredes da igrexa son retratos de pecadoras. Un rato, Matacáns, cazador furtivo na súa primeira vida, é atrapado por un gato que non é outro que o gaiteiro e anarquista Arturo de Lousame. Un morcego, Gaspar, relátalle o seu suicidio a un lagarto que vai en peregrinación a San Andrés de Teixido…

Todo fala. Persoas, animais e paxaros recrean a identidade universal do sentimento. Viaxan do pasado ao presente e contra a adversidade. E as súas voces, feitas de humor e tenrura, tecen esta gran novela de Manuel Rivas, agora reeditada e revisada de forma definitiva polo autor.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Sesenta Aniversario Declaración dos Dereitos Humanos

11 Decembro 2008

Educación,Presentacións,Xerais_nos_medios

2008-12-18_img_2008-12-11_23_42_42_pag3Foi moi emocionante e ao tempo sereno o acto conmemorativo do 60 aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos no que presentamos en Vigo o libro Educación e Paz III. Literatura Galega pola Paz e recordamos a Xesús R. Jares. Ademais da lectura do texto completo da declaración, por parte de dez estudantes de ESO e Bacharelato, foron magníficas as intervencións literarias e institucionais. A guinda foi o extraordinario o concerto da Agrupación de Mestres da Escola de Música Tradicional do concello de Vigo. Grazas a todos polo apoio solidario e pola lembranza saudosa da figura do noso benquerido Suso Jares.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Jaureguizar fala d' «O Globo de Shakespeare»

Entrevistas,Narrativa,Vídeos

[youtube=http://www.youtube.com/watch?v=76dRDfxg6Bk]

Neste vídeo da serie Falemos dos libros, gravado en Cultur.gal 2008, Jaureguizar presenta O Globo de Shakespeare.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Le Clézio reeditado en galego

Narrativa,Reedicións,Traducións,Vídeos,Xerais_nos_medios

Capa NARRATIVAA Nosa Terra e Vieiros fanse eco da noticia da aparición da reedición de Mondo e outras historias, o memos día que o autor francés recibía o Premio Nobel en Estocolmo.

Chuzame! A Facebook A Twitter

«Dicionario Enciclopedia do Pensamento Galego», presentación

Dicionarios,Ensaio,Noticias,Presentacións

Mañá, 12 de decembro, ás 12:00 horas, no Salón de Actos do Consello da Cultura Galega de Santiago presentarase o Dicionario Enciclopedia do Pensamento Galego, obra coeditada polo Consello da Cultura Galega e Xerais. No acto intervirán os coordinadores da obra, Andrés Torres Queiruga e Manuel Rivas García, e o presidente do Consello da Cultura Galega e o director da editorial.

xg00143901Este Dicionario Enciclopedia do Pensamento Galego, coordinado por Andrés Torres Queiruga e Manuel Rivas García e redactado por corenta e seis persoas, trata de conxuntar un dicionario de pensadores galegos e unha visión temática que permita encadrar o labor máis directamente filosófico no campo xeral da nosa cultura. De aí a súa división en dúas partes: a primeira, un dicionario de autores, e a segunda, unha enciclopedia que complementa temas, ideas e persoeiros que propiamente non caben na primeira.

Deste xeito, o Dicionario, en orde alfabética, permite un percorrido polo enteiro transcurso da nosa historia intelectual e da achega realizada por cento dez autores, mentres que a Enciclopedia propicia un amplo encadramento nos diversos campos da cultura: antropoloxía, pensamento científico, dereito, economía, estética, exilio, feminismo, literatura, matemática, medicina, nacionalismo, pedagoxía, política, prensa e relixión. Por último os índices onomástico e temático permiten diversos percorridos, que, conxuntando sincronía e diacronía, poden axudar a unha visión máis integral e realista da nosa cultura.

A nómina de pensadores da primeira parte chega aos nosos días, ocupándose con maior profundidade dos autores fenecidos e delimitando a extension das entradas consonte á importancia do seu pensamento. Para os autores vivos acudiuse, cando foi posible, á información dos propios interesados, adoptándose un criterio de estrita austeridade informativa, cinxíndoa a datos biográficos básicos e referencia á obra publicada no eido filosófico.

Para a redacción da parte enciclopédica escolléronse estudosos cualificados, cuxa asinatura consta ao final dos mesmos. Ordenados, tamén, alfabeticamente estes traballos de maior extensión intentan ofrecer unha visión mais global e panorámica, recollendo problemas, preocupacións ou iniciativas que están presentes na cultura actual, procurando sinalar as directrices históricas que seguirn ao longo do tempo.

Chuzame! A Facebook A Twitter

«A batalla do paraíso triste», crítica no «Faro da Cultura»

Críticas,Narrativa,Xerais_nos_medios

penafaroweb

Estro Montaña publica no Faro da Cultura a primeira crítica sobre A batalla do paraíso triste a novela de Xosé Ramón Pena.

Chuzame! A Facebook A Twitter

«Laxeiro por si mesmo», presentación

10 Decembro 2008

Crónica,Presentacións

Mañá, 11 de novembro, ás 12:30 horas, no Centro Social Caixanova de Vigo será presentado Laxeiro por si mesmo de Carlos G. Reigosa. No acto, inscrito no curso da UIMP «Cen anos con Laxeiro», participarán xunto ao autor os pintores Antón Lamazares, Antón Patiño e Antón Pulido.

xg00162501Laxeiro fronte a si mesmo e fronte a Xosé Otero Abeledo, o “eu” primixenio. Laxeiro nas súas propias palabras, sen intermediarios nin intérpretes, nunha conversa con Carlos G. Reigosa sobre o divino e o humano, e tamén sobre a pintura, o seu desafío radical. Laxeiro por si mesmo, nu diante do espello, espontáneo e vital, sen disfraces… Iso contén este libro. Ben seguro, cando Laxeiro ollou por primeira vez o Pórtico da Gloria, a súa alma e a do Mestre Mateo xuntáronse nalgún recuncho do Marquesado da Romea e comezaron o seu parrafeo creativo, frutífero e se cadra interminable. Naceu así o pintor máis intuitivo, enérxico, axitador, libre e rebuldeiro da xeración de Os Renovadores da Vangarda Histórica galega. Rebelde contra as tradicións localistas, Laxeiro converteuse no rexo forxador dunha estética granítica, sempre fiel ás raíces, pero tamén en profundo diálogo coas vangardas pictóricas internacionais. Deste xeito puido ser –e foino– un proteico revitalizador dos mitos galegos (na liña de Valle-Inclán e de Cunqueiro), cunha expresión artística enxebre e universal á vez.Pintor de vigorosa ollada atlántica,, nunca deixou de buscar dentro del a autenticidade que distingue ós grandes creadores. Por iso, como ben escribiu X. Antón Castro, Laxeiro é “un dos pintores máis significativos e innovadores da España dos últimos setenta anos”. Algo que ninguén discute no centenario do seu nacemento. Laxeiro por si mesmo, inclúe a conversa que aínda permanecía inédita realizada por Carlos G. Reigosa, tres epílogos sobre o xenial pintor de Botos preparados por X. Antón Castro e os pintores Antón Patiño e Leopoldo Nóvoa, ademais de sesenta e catro páxinas a cor que constitúen tanto un percorrido fotobiográfico como unha escolma da súa obra pictórica.

Chuzame! A Facebook A Twitter

«Mondo e outras historias», reedición en Narrativa

Narrativa,Noticias,Premios,Reedicións

Coincidindo coa entrega hoxe do Premio Nobel de Literatura a J.M.G. Le Clézio aparece a nova edición de Mondo e outras historias, desta volta publicado dentro da colección Xerais Narrativa.

Capa NARRATIVAEn Mondo e outras historias, protagonistas de nomes exóticos (Mondo, Lullaby, Alia, Daniel Sindbad…), rapazas e rapaces que arelan experimentar toda caste de sensacións, descobren as súas propias fantasías grazas a viaxes que realizan a poder de imaxinación. Suxeridoras viaxes que nos levan a Barasali, Dahlar Kebir ou Hazaran, onde a luz, a cor, o sol, rexen as súas vidas que precisan saír ó mar, botárense ó mundo á procura dos seus soños. Son adolescentes, cos seus problemas, que procuran a natureza como elemento liberador. Segundo os seus tradutores galegos, Raquel Villanueva e Valentín Arias, os textos de Le Clézio posúen un «raro poder», o don poético de abolir as fronteiras, todas as fronteiras, as que separan ao home das cousas, as que separan as cousas entre si, e tamén as fronteiras do home dividido, separado en compartimentos estancos no seu propio existir. «Este escritor, tan nostálxico ás veces, representa a vida de hoxe, lamenta a destrución da natureza, a proliferación das cidades de cemento e a tiranía da civilización mecánica na que todos estamos inmersos.» Para concluír, «a lectura fácil de Le Clézio preséntase baixo un modelo de ciencia-ficción na que a procesión de visións nos deixa un camiño aberto para unha filosofía-ficción».

Portada: Fran Herbello.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Manuel Rivas e Teresa Moure no «Diario Cultural»

9 Decembro 2008

Crónica,Ensaio,Entrevistas

culturgal

Aquí pode escoitarse a entrevista que no Diario Cultural, emitido dende Cultur.gal o pasado venres, fixéronlle a Manuel Rivas e Teresa Moure arredor dos seus novos libros A corpo aberto e O natural é político.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Jaureguizar presentou «O Globo de Shakespeare» no Cultur.gal

Narrativa,Premios,Presentacións

kq9w4621

Jaureguízar presentou O Globo de Shakespeare, a novela gañadora do Premio Terra de Melide no Cultur.gal 2008. Foi entrevistado por Óscar Sánchez de forma moi animada.

Chuzame! A Facebook A Twitter

«Historia de Ourense», presentación

Autores,Historia,Presentacións,Vídeos

[youtube=http://www.youtube.com/watch?v=w8ZKM6rAppw]

Tele Miño emitiu esta noticia sobre a presentación de Historia de Ourense e a homenaxe posterior a Marcos Valcárcel.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Fran Alonso fala de «Un país a medio facer»

Crónica,Vídeos

[youtube=http://www.youtube.com/watch?v=hrwIp2FituQ]

Fran Alonso presenta Un país a medio facer na xeira de entrevistas Falemos de libros emitidas en directo por internet dende o Cultur.gal pola AELG.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Agustín Fernández Paz no «Paseo dos soños»

Autores

36028O vindeiro domingo, 14 de decembro, Agustín Fernández Paz será homenaxeado no Muíño de Rañego da súa Vilalba natal pola Fundación Manuel María. Tras unha mesa redonda (ás 12:00) sobre a súa figura, na que participarán Fina Casalderrey, Xabier P. DoCampo, Paco Martín, Xulio Xiz e Manuel Bragado, colocarase o terceiro hectómetro literario no Paseo dos Soños e celebrarase un xantar de irmandade no restaurante «A Nova Ruta» de Vilalba. Pode avisarse asistencia ao xantar no teléfono: 646413890.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Carlos Taibo, entrevistado por «Vieiros»

Ensaio,Entrevistas,Xerais_nos_medios

0162135001228564851

Carlos Taibo, autor de Fendas abertas. Seis ensaios sobre a cuestión nacional, é entrevistado por Vieiros.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Xosé Ramón Pena, entrevista en «Faro de Vigo»

8 Decembro 2008

Entrevistas,Narrativa,Xerais_nos_medios

2008-12-13_img_2008-12-06_02_06_00_pag2Foto: Eli Regueira

Xosé Ramón Pena é entrevistado en Faro de Vigo con motivo da aparición nas librarías d’ A batalla do paraíso triste, a súa máis recente novela publicada en Xerais Narrativa. Recollemos algúns parágrafos desta entrevista da que aparece un extracto na edición dixital do xornal vigués:

xg00159701–Como xurdiu A batalla do paraíso triste?
–Hai uns vinte anos, máis ou menos, tiven noticia da existencia do movemento ultra-fascista portugués dos “camisas azuis” de Rolão Preto. Tamén escoitei daquela que Preto lle dixera a Salazar –a quen, por outra banda, consideraba un burgués, non un fascista– que Portugal tiña que anexionarse Galiza. Mesmo houbo un plan que estudou a posibilidade de levar a cabo esta anexión, durante a Guerra Civil española. Chamoume moitísimo a atención, pero naquela época non puiden sacar máis información: as comunicacións con Portugal eran complicadas, os arquivos non estaban abertos… e funo deixando. Por outra banda, co paso dos anos comecei unha historia que foi o antecedente da de Fernando Freitas, o protagonista da novela, e a actriz de revistas Catarina Gusmão. E hai un momento en que empezo outra vez a interesarme pola historia portuguesa desa época, e cadrábame moi ben situar a estes personaxes neste contexto. Púxenme a experimentar, a historia empezou a tirar cunha forza enorme, e o resultado é esta novela.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Manuel Rivas fala d' «A corpo aberto»

Crónica,Vídeos

[youtube=http://www.youtube.com/watch?v=AwWEFw6HAnE]

Manuel Rivas presenta A corpo aberto na xeira de entrevistas Falemos dos libros emitidas en directo por Internet dende o Cultur.gal pola AELG.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Teresa Moure, no Culturgal

7 Decembro 2008

Ensaio,Entrevistas

teresa_moure1Galicia hoxe dá conta da presentación no Culturgal d’ O natural é político, o máis recente ensaio de Teresa Moure.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Xerais no Culturgal, actos do sábado e domingo

5 Decembro 2008

Crónica,Narrativa,Noticias,Presentacións

b87a7965514201e0edddce5158d3ea2314a2bc63

Xerais está presente en Culturgal no estand nº 45. Durante o sábado, 6, e o domingo 7 de decembro, organizamos as seguintes actividades:

  • Sábado, 6 ás 18,00 horas no stand de Xerais:

Firma de exemplares de O xardín das pedras flotantes de Manuel Lourenzo González (Premio Xerais de Novela, 2008), A Cabeza de Medusa de Marilar Aleixandre (Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil, 2008) e Xenaro e o misterio da mochila verde de Mar Guerra (Premio Merlín de Literatura Infantil, 2008)

  • Sábado, 6 ás 19,00 horas no stand de Xerais:

Firma de exemplares de A venus de cristal de Chelo Suárez

e As mellores intencións de Begoña Paz.

  • Sábado, 6 ás 20,00 horas no espazo de presentacións:

Presentación de A corpo aberto de Manuel Rivas.

Participarán: Manuel Rivas e Manuel Bragado

  • Domingo, 7 ás 18,00 horas no stand de Xerais:

Firma de exemplares de Guía dos camiños do Eume de Chano Eiroa, Festina lente de Marcos Calveiro e Limpeza de sangue de Rubén Ruibal, (Premio Nacional de Literatura Dramática, 2007).

Chuzame! A Facebook A Twitter

Xerais no Culturgal, actos dos días 4 e 5 de decembro

4 Decembro 2008

Crónica,Ensaio,Noticias,Presentacións

Xerais está presente en Culturgal no estand nº 45. Durante o xoves, 4, e o venres 5 de decembro, organizamos as seguintes actividades:

  • Xoves, 4 ás 17,00 horas no estand de Xerais:

Roda de prensa de Un país a medio facer de Fran Alonso.

  • Venres, 5 ás 12,30 horas na sala de prensa do Cultur.gal:

Roda de prensa de A corpo aberto de Manuel Rivas.

  • Venres, 5 ás 18,00 horas no espazo de presentacións:

Presentación de Novas Minimaladas de Pinto & Chinto.

Participan: Pinto & Chinto e Manuel Bragado.

  • Venres, 5 ás 18,00 horas no e stand de Xerais:

Firma de exemplares de O libro das viaxes imaxinarias de Xabier P. DoCampo e Xosé Cobas.

  • Venres, 5 ás 19,00 horas no espazo de presentacións:

Presentación de O natural é político de Teresa Moure.

Participarán: Pilar García Negro, Manuel Bragado e a autora.

Chuzame! A Facebook A Twitter

«Mil cretinos», crítica no «Faro da Cultura»

Críticas,Narrativa,Xerais_nos_medios

monzofaro

Montserrat Pena Presas publica no Faro da Cultura de hoxe unha longa crítica da nosa tradución de Mil cretinos de Quim Monzó.

Chuzame! A Facebook A Twitter

«O xardín das pedras flotantes», adianto da crítica de Eyré

3 Decembro 2008

Críticas,Narrativa,Premios_Xerais,Xerais_nos_medios

Xosé Manuel Eyré adianta no seu blog dous parágrafos da súa crítica sobre O xardín das pedras flotantes, a novela de Manuel Lourenzo González gañadora do Premio Xerais 2008. Reproducimos un anaco:

xg00139301O xardín das pedras flotantes responde á fórmula do best seller á moda. Mestura, habilmente, aspectos relacionados coa historia, coa psicoloxía, coa filosofía ou metafísica, nunha trama con aspiración de totalidade, que quere mergullar ao lector para que o acompañe no proceso reflexivo ou simplemente para inducirlle ese efecto. E niso, na propositada atención á devandita fórmula, áchanse tanto as súas virtudes como as súas fraquezas, que tamén as ten. Mais non quero continuar sen deixar de sinalar o obvio, o valor que para a cultura galega representa contar con discurso destas características, un discurso que está destinado a ser lido por milleiros e milleiros de galegos de hoxe e de mañá, e dicímolo a sabendas de que é a puxanza económica determinará en boa parte a súa sorte como best-seller.

Chuzame! A Facebook A Twitter

«Sonata de amigos», memorias de Benedicto

Crónica,Noticias,Presentacións

O venres día, 12 de decembro, ás 19:30 horas, no salón da Fundación Caixa Galicia de Santiago, será presentado Sonata de amigos, o libro de memorias do músico Benedicto García Villar, membro de Voces Ceibes. Na presentación acompañarán ao autor, Emilio Pérez Touriño, presidente da Xunta; Víctor Santidrián, director da Fundación 10 de marzo e Manuel Bragado, director de Xerais. O músico Marcos Teira interpretará un tema.

xg00163501«Non está de máis botar unha ollada serena para atrás. Iso pretendín con estas notas, subxectivas e apaixonadas até o tormento, das que o único responsable é quen isto escribe, que exerce libérrimo o dereito da memoria, conscientemente selectiva e neuroticamente teimuda.» Son as palabras coas que Benedicto (García Villar), un dos fundadores de Voces Ceibes, presenta Sonata de amigos. Benedicto abre ao lector a intimidade da súa memoria cunha mirada ao pasado que busca, como cada un dos pasos dados polo autor ao longo da súa vida, contribuír á mellora do presente.

Nas páxinas deste volume Benedicto rememora as súas orixes familiares, que o unen para sempre a Santiago de Compostela, cidade universitaria onde viviu a revolta estudantil de 1968, orixe dos variopintos compromisos cívicos do autor: dende a loita antifranquista ate a construción do sindicalismo democrático; dende a música entendida como instrumento de intervención social até o ensino como palanca de transformación; dende o uso da palabra escrita até a reivindicación da amizade como elementos dun mundo máis humano. Por Sonata de amigos desfilan acontecementos e personaxes claves da nosa historia. Sen eles tanto a historia recente de Galicia como o noso presente serían distintos.

Chuzame! A Facebook A Twitter

«Xenaro e o misterio da mochila verde» recomendado no «Bule Bule»

Críticas,Infantil,Merlín,Premios_Xerais,Xerais_nos_medios

Alba Piñeiro recomenda nas páxinas do suplemento «Bule Bule» d’ A Nosa Terra desta semana Xenaro e o misterio da mochila verde, a novela de Mar Guerra premiada co Merlín de literatura infantil deste ano. Reproducimos tan interesante recomendación:

xg001419011A chegada dun novo alumno

A xornalista Mar Guerra vén de gañar o Premio Merlín de Literatura Infantil 2008 coa súa novela, Xenaro e o misterio da mochila verde. Cuxa definición por parte do xurado coma «un thriller psicolóxico» é de todo atinada. Trátase dunha historia actual que se desenvolve entre rapaces preadolescentes no colexio onde estudan e ao que acaba de chegar un novo alumno, que axiña esperta a curiosidade dos demais.

A concepción do libro, tanto na sua estrutura externa (vinte e tres capítulos) como na interna (argumento e perspectiva narradora a partir do protagonista), exerce unha atracción ao mozo lector ao sentirse identificado por unhas situacións, que lle son familiares, e estar contadas cunha linguaxe directa e chea de humor. Ao longo dos curtos pero intensos capítulos, Xenaro Conese Maiusculo e mais os seus amigos exercerán de detectives para descubrir o «misterio» agochado tras da gran mochila verde e o seu dono. Esta descuberta vai significar tamén un achado de coñecemento a nivel persoal, que lles permitirá entender as causas que levan a cometer certos actos e, sobre todo, a valorar o sentido da palabra amizade. As ilustracións realistas e vivas de Fernando Llorente están en sintonía co ton textual.

Chuzame! A Facebook A Twitter

«Historia de Ourense» en «Culturas»

Críticas,Historia,Xerais_nos_medios

historia-de-ourense-m-valcarcel-culturas-29-nov-2008

Ramón Nicolás publicou o pasado 29 de novembro nos suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia, coincidindo coa homenaxe a Marcos Valcárcel esta crítica da súa Historia de Ourense.

Chuzame! A Facebook A Twitter

«Boas noites» en Espazo Lectura

2 Decembro 2008

Infantil,Presentacións,Teatro,Vídeos

[youtube=http://www.youtube.com/watch?v=jEGEFNjSJIc]

Paula Carballeira presentou Boas noites, a obra gañadora do Premio Manuel María de literatura dramática infantil 2006 nunha sesión do ciclo de lecturas compartidas «Lendo contigo», organizado en Gondomar por Espazo Lectura. Recollemos un dos vídeos gravados durante a sesión.

Chuzame! A Facebook A Twitter

«Fendas abertas» no «Diario Cultural»

Ensaio,Entrevistas,Xerais_nos_medios

carlos-taibo-320x200-300x181Carlos Taibo presentou hoxe Fendas abertas. Seis ensaios sobre a cuestión nacional, o seu máis recente libro publicado por Xerais Ensaio no diario Cultural da radio Galega. Aquí pode escoitarse a entrevista que lle fixeron.

Chuzame! A Facebook A Twitter

«O libro das viaxes imaxinarias», lectura de X.M. Eyré

Narrativa,Opinións_lectores/as,Xerais_nos_medios

Recollemos a nota de lectura sobre O libro das viaxes imaxinarias de Xabier P. DoCampo e Xosé Cobas que publica hoxe X.M. Eyré no seu blog:

xg00141201Lidos dez capítulos dos trinta que ten, un adxectivo único perocorre, en letras capitais, os meus pensamentos: MARABILLOSO. Ou, unha marabilla de libro. O aspecto gráfico, autoría de Xosé Cobas, na miña opinión é precioso, sinxelamente precioso. Ilustracións feitas con moito gusto, moi ben integradas no libro, desde a cor aos motivos ilustrados, que reflicten unha fonda reflexión sobre o texto, o que sempre se agradece, que non sexan simples acompañantes.

Os textos, que lles vou dicir?! Teño medo que acabe o libro, non quero.

Voulles deixar aquí os primeiros dez bocadiños desta pelegrinaxe pola fantasía, pola realidade, pola memoria, pola literatura e pola esperanza ( que bonita definición e xusta, permítanme esta autogabanza, igual a reservo para a crítica). É que, desde que comecei a lectura, todo foi atopar textos logrados desde a sensibilidade, o coñecemento e o oficio de ourive vello que manexa as palabras coa contundencia e delicadeza que só nos grandes libros se atopa. (Tamén merecen outra xuízo, pero de momento resérvoo)

Van eses bocadiños, a gozar, meus:

En Arimoi o Viaxeiro só pode demorarse tres días. No solpor do terceiro o visitante ten que estar xa extramuros. Hai casos en que o Primado concedeu un permiso especial a persoa principal, mais sempre foron prórrogas de tres en tres días (19)

Arama é un lugar no medio de ningures que chama polo viaxeiro desde o renxer continuo das carricantas e a secura areosa dunhas rúas de fino po branco. Ándase por elas no temor dun vento que espila esa brancura virándoa en nube que envolva o transeúnte, penetrándoo por todos os orificios até afogalo (27)

Non debían estar afeitos ás visitas en Arodisi, porque cando o viaxeiro entrou todos parecían agardalo e non tardaron en formar corro arrredor del. A tarde enleouse coa noite e era esta moi avanzada cando o Viaxeiro probou o duro leito que lle ofreferan naquela casa (39)

Tamén lle dixeran desta cidade de Aruasi que era o reino das persoas xustas. Así que, sen pensalo máis, torceu polo camiño da esquerda, aquel que levaba a ese lugar que, de ser certo o que dicían, sería o paraíso.

Que pensariamos de quen pasa á beira do paraíso, encontra a entrada franca e non entra ? ( 41)

O que si ten o reino de Ariode son dúas capitais: Ailito a actual e Ailute a antiga. Nesta última só teñen lugar os seres que habitaron o reino nos tempos máis remotos, aqueles que aparecen nos libros de historia coma os de maior gloria ou ignominia do reino (49)

coñecedores do seu pasado, poidan construír un presente feliz e un futuro esperanzador (52)

Si, alí estivera nun tempo Amri, a cidade que o viaxeiro procuraba. Víanse restos do que foran as súas casas e das que non ficaban máis que os alicerces, coma marcas do espazo que nalgún tempo ocuparan (55)

…porque o futuro só lle é digno  de ser desexado cando garda no seu rostro a pegada clara do pasado.” 61)

De sempre sentira falar do reino de Aibone e das súas xentes. Dicíase que vivían nunha sociedade perfecta organizada por enriba daquela putrefacción que se estendía aos pes da súa plataforma arbórea. Tamén só eran mulleres e só mulleres xeraban non se sabe como. Aló enriba reinaba a harmonía (68-69)

De Adiebo non sabe máis que o nome e descoñece todo canto alí lle pode agardar. Alguén ao pé do viaxeiro, nun alto do camiño para comer un bocado e asearse un pouco, pronunciou o nome do lugar (71)

Pero estes carreiros desaparecen de cada pouco porque as árbores de Aimefue teñen a particularidade de se moveren ao seu antollo do mesmo xeito que que fan os seres humanos nos seus reinos (77)

Chuzame! A Facebook A Twitter

«Un país a medio facer», presentación en You Tube

1 Decembro 2008

Crónica,Entrevistas,Noticias,Presentacións,Vídeos

[youtube=http://es.youtube.com/watch?v=hcm8vpRU_Cc]

Fran Alonso presenta nun vídeo colgado no seu blog Un país a medio facer, a súa obra xornalística máis recente que será presentada en roda de prensa en Culturgal o vindeiro 4 de novembro ás 17 horas.

Chuzame! A Facebook A Twitter