«Remoldiño vai á feira» en Cangas

30 Outubro 2008

Infantil,Noticias,Teatro,Voces á orella

O luns, 3 de novembro, na Biblioteca Municipal de Cangas do Morrazo, dentro campaña de animación lingüística «Voces á orella», organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e Edicións Xerais de Galicia, haberá ás 10:30 horas e ás 11:30 horas, dúas representacións do espectáculo «Remoldiño vai á feira» da compañía Casa Hamlet. Este espectáculo de animación, de vinte minutos de duración, dirixido a nenos e nenas de tres a oito anos, constitúe unha adaptación de Manuel Lourenzo do conto homónimo de Xoán R. Cuba, ilustrado por Óscar Villán e editado por Xerais dentro da súa colección «Merliño».

Remoldiño nunca fora a Monterroso na vida, e quería ver a feira máis famosa de Galicia. Para viaxar argallou unha artimaña: subiu nunha bota dun tratante da montaña. Na feira estaba agardando un vello amigo de seu, o caracol don Rolando, que nesa vila naceu.

Non hai comentarios

Aínda non hai comentarios.

Feed RSS para comentarios deste artigo.

O formulario do comentario está pechado neste momento.