"Game over", Carlos Losada

3 Xuño 2008

Infantil,Premios,Teatro

A vindeira semana aparecerá nas librarías Game over, a peza de Carlos Losada, ilustrada por Fran Pedreira, gañadora do IIº Premio Manuel María de literatura dramática infantil.

Roi acende a videoconsola para botar outra partida co seu xogo favorito dende hai unhas semanas, a última versión dos súper loitadores Mortal Combat versión 3.0. Pendente de chegar á gran final do xogo, nin atende a chamada do seu amigo Sebas, nin a do seu pai e ten unha boa liorta coa súa nai. Roi, a pesar de todo, xoga coa consola ata quedar durmido deixando a Ken, o personaxe do seu vídeoxogo favorito, perdido baixo as letras vermellas de “Game over”. Roi emprende así a viaxe ao seu país das marabillas e dos seus medos. Game over de Carlos Losada obtivo o Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2007. O xurado do certame salientou o interese do tema central da peza, o illamento ao que se someten na actualidade os pequenos enganchados ao mundo das pantallas. Así mesmo, destacou o interesante tratamento que se lle concede á violencia e a introdución da máquina como un dos personaxes. A presente edición, de Xerais e IGAEM, foi ilustrada por Fran Pedreira.

Carlos G. Reigosa, mantedor dos Premios Xerais

Autores,Noticias,Premios,Premios_Xerais

Carlos G. Reigosa, gañador hai vinte e cinco anos do Iº Premio Xerais de Novela con Crime en Compostela será o mantedor literario dos Premios Xerais 2008. O escritor da Corda lerá un texto titulado “Que sería de nós sen Xerais?”, que na vindeira semana publicaremos neste blog.