Novidades para o público pequeno

30 Abril 2008

Infantil,Merlín,Xerais_nos_medios

A Nosa Terra destaca nunha información ás máis recentes novidades infantís da editorial. A eses títulos hai que engadir dous novos merliños, álbums en rústica para os primeiros lectores: Bea de Iván Sende e Bertiño Rompetodo de Ramón Caride e Chus Ferrín.

Bea, aínda que hoxe xa é maior, hai trinta anos tamén era unha nena. E igual que as nenas de hoxe en día sempre quere quedar cinco minutiños máis na cama antes de se erguer para ir á escola. Bea vive cos seus pais e mentres coida das súas irmás, estuda e fai os deberes, rega as plantas… pensa que vai ser de maior: ¿será deportista, bandoleira, astronauta?, pero ten un segredo, hai algo que lle gusta moito facer e co que goza sempre que pode. Ás veces non é doado ser a irmá maior.

Bertiño é un neno trasto, sempre que quere facer algo remata rompendo todo. Fai a merenda e a cociña remata desfeita, colle un conto na librería e alá van os andeis e os libros, ata na gardería respiran se Bertiño cae con febre. Bertiño pon patas arriba a consulta do pediatra…

Chuzame! A Facebook A Twitter