Presentación de "Limpeza de sangue"

28 Abril 2008

Presentacións,Teatro

O día 8 de maio, xoves, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos de Lugo presentarase Limpeza de sangue, a obra pola que Rubén Ruibal mereceu o Premio Nacional de Literatura Dramática. No acto participarán o autor, acompañado por Xaime Pena e Manuel Bragado.

Limpeza de sangue (o sangue fai ruído) de Rubén Ruibal foi a obra gañadora do XIV Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais do ano 2005. Os seus protagonistas, Fernando e Pantaleón, procedentes de mundos aparentemente opostos coinciden, á espera do seu transplante ou do inevitable pasamento, na sala de diálise dun hospital. Igualados pola situación e obrigados a facerse mutua compañía, coñecen outros aspectos da vida aos que a rutina diaria non lles permitiu que lles prestasen atención. Ven nacer así unha amizade inimaxinable, mentres todo ao seu redor continúa o seu obsesivo, prexuízoso e sistemático funcionamento, no que nin sequera unha inocente proposta roubada de Príncipe e mendigo de Mark Twain abrirá unha nova porta.

2 Comentarios

  1. [...] este sábado ás 20:00 horas no Pazo da Cultura de Narón a cargo da compañía Espello Cóncavo. Limpeza de sangue merecera tamén o XIV Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais e está publicada na colección [...]

    Pingback by Estrea de «Limpeza de sangue», Premio Nacional de Literatura Dramática 2006 | Xerais — 1 Outubro 2010 @ 11:12 a.m.

  2. [...] Limpeza de sangue merecera tamén o XIV Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais e está publicada na colección Biblioteca Dramátaica Galega, que a editorial coedita con AGADIC. Etiquetas: agadic, biblioteca_dramática_galega, espello_cóncavo, limpeza_de_sangue, Premio_Nacional__de_Literatura_dramática_2006, rubén_ruibal Comentarios (0) [...]

    Pingback by «Limpeza de sangue», de Rubén Ruibal, represéntase na Coruña a cargo de Espello Cóncavo | Xerais — 13 Xaneiro 2011 @ 9:59 a.m.

Feed RSS dos comentarios deste artigo.

Sentímoscho, o formulario de comentarios está pechado neste momento.